Palestra “Existe prensa libre?“

O sábado 10 de de novembro no Café de Catro a Catro ás 20h José “Pepe” Ribas presentaranos a palestra “Existe prensa libre?”dentro das “Xornadas Comunicación, Poder e Contrapoder” impulsadas por ECOAR
Por o 07/11/2017 | Sección: Eventos,Galicia,Vigo
Palestra “Existe prensa libre?“

O sábado 10 de de novembro no Café de Catro a Catro ás 20h José “Pepe” Ribas presentaranos a palestra “Existe prensa libre?”dentro das “Xornadas Comunicación, Poder e Contrapoder” impulsadas por ECOAR))) e todas as persoas que estades participando na campaña:https://pepaloba.org/gl/campanas/xornadas-comunicacion-poder-contrapoder/

Pepe Ribas é o fundador da revista contracultural Ajoblanco, publicación que acompañou a explosión social xurdida no tardofranquismo e a transición achegando temas inéditos até aquel momento, como a ecoloxía, o movemento LGBTI, o colectivismo… Recentemente, xunto con colaboradorxs da antiga revista e novas caras, lanzaron de novo a revista o pasado xuño deste ano coa intención de que volva ser un instrumento revulsivo. Ademais escribiu o libro “Los 70 a destajo”.

As xornadas “Comunicación, Poder e Contrapoder” analizarán a construción dun discurso hexemónico e uniforme así como as relacións de poder que se tecen entre os medios de comunicación, o poder político e as transnacionais. Ao mesmo tempo, estas xornadas tamén irán debullando o xeito en que se organizan as persoas na construción do contrapoder a través da vertebración dun discurso alternativo e unha nova cultura que ten como punto central a transformación do cidadán e da cidadá en suxeitos activos, grazas á aparición de novas ferramentas, novos coñecementos e unha concepción diferente da comunicación e a información a partir da aparición de internet.

Estarán conformadas por palestras que terán lugar en distintas localidades do mundo, que estarán conectadas entre si a través do espazo dixital. Cada unha das palestras será de carácter aberto e gratuíto e comporanse dunha exposición por parte de distintxs especialistas e profesionais que irán tocando diferentes ámbitos para logo inserir un posterior debate entre xs presentes.

🔹Vigo:
➠ Sábado 25/11/2017 – MAGDA BANDERA “Mitos sobre a presunta revolución dixital nos medios”, O Serán (Rúa Manuel Núñez, 29, Baixo) ás 20:00 h
Evento: http://bit.ly/2yy1ObU

🔹Coruña:
➠ Xoves 23/11/2017 – MARCOS PÉREZ “Cada xornalista ten a súa verdade. Guerra de relatos nun mundo fragmentado”, Casa Museo Casares Quiroga (Rúa Panaderas, 12) ás 19:30 h
Evento: http://bit.ly/2yAj5le
➠ Venres 24/11/2017 – ANTONIO CARO “A publicidade como instrumento do poder”, Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16) ás 20:00 h
Evento: http://bit.ly/2yUwzJu

🔹Santiago de Compostela:
➠ Venres 17/11/2017 – JOSÉ CANDÓN “Unha xaula con fiestras: Riscos e oportunidades para o activismo dixital”, Gentalha do Pichel (Rúa Santaclara, 21) ás 20:00 h
Evento: http://bit.ly/2yxCdhS

🔹Madrid:
➠ Xoves 30/11/2017 – ALEJANDRO BARRANQUERO “Estratexias para a reforma mediática. É posible subvertir o sistema de medios?”, CSA Playa Gata (Avda. Cardenal Herrera Oria, 80B) ás 20:30 h
Evento: http://bit.ly/2gP0cBu

Por isto, co obxectivo de acadar o financiamento preciso para poder afrontar os gastos derivados das mesmas e poder desenvolver de forma efectiva estas xornadas, dende ECOAR))) lanzamos unha campaña de microfinanciamento a través da plataforma da Asociación Pepa Loba ➠https://pepaloba.org/gl/campanas/xornadas-comunicacion-poder-contrapoder/ á que convidamos a sumarse a todas aquelas persoas que queiran afondar no coñecemento da sociedade actual dende unha perspectiva crítica. Xuntxs multiplicámonos!✊

🔴 Podes atopar máis información das xornadas en ➠ https://comunicacioncontrapoder.ecoarglobal.org/

🔴 Que é ECOAR)))? ecoarglobal.org