Palestra: “REDES de APOIO FRONTE á REPRESIÓN”

Publicado por o día 02/11/2016 na sección de Asamblea Aberta Coia,Social,Vigo

Palestra: “REDES de APOIO FRONTE á REPRESIÓN”

Dentro das actividades en apoio ao compañeiro Diego, traballador social e membro da Asemblea Aberta de Coia, o colectivo organiza unha nova actividade.

O venres 4 de novembro a Asemblea organiza unha palestra co título “Redes de apoio fronte á represión” na que farán a presentación pública do vídeo no que se resume o que foi a chamada “loita da rotonda de Coia” e analizarán a situación actual e as causas que os levaron até aquí. Esta actividade suporá o paso ás redes da curta sobre a loita na rotonda, polo momento conformádevos co “teaser”.

A palestra contará coa presenza de Laura Bugalho, sindicalista e activista compostelá que sufriu en primeira persoa unha forte persecución policial e un proceso xudicial cheo de irregularidades, como resposta á súa labor a prol dos dereitos das persoas migrantes, e a denuncia pública da súa situación. Laura compartirá mesa con Diego.

Diego e Laura falarán da importancia de construír loitas xuntas e dende abaixo, e de como artellar saídas comúns fronte a represión das que denuncian e traballan pola xustiza social.