Palillada multitudinaria en Mos con motivo das Festas da Rosa

400 palilleiras participarán mañá na décimo segunda xuntanza mosense
Publicado por o día 14/06/2019 na sección de Galicia,Mos

Palillada multitudinaria en Mos con motivo das Festas da Rosa

A tradicional Xuntanza de Palilleiras con motivo das Festas da Rosa chega este ano á súa décimo segunda edición. O número de participantes ascenderá a preto de 400 pero ao longo do día de mañá prevese que pasarán por Costoias máis de 800 persoas, entre palilleiros/as participantes e visitantes.

A XII Edición da Xuntanza de Palilleiras de Mos celebrarase en Costoias-Tameiga dende as 10.30 horas da mañá. E pola tarde achegaranse ata alí a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, a Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella, acompañadas da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e da concelleira de Cultura, Sara Cebreiro.

A Xuntanza de Palilleiras é xa un referente para un gran número de asociacións que dende moitos puntos se achegan a Mos cada ano. Nesta ocasión visitarán a localidade mosense palilleiras chegadas dende Serra do Rei, Portugal, entre outros lugares. E participará tamén a Mostra do Encaixe de Camariñas

A de Mos é unha xuntanza diferente á doutros concellos, xa que ten lugar ao aire libre, nun entorno como o Parque de Costoias.
A xornada de encontro contará tamén coa Masterclass de Encaixe Ruso con Susana Velasco ás 12.00 horas. E ás 17.00 horas un desfile de moda a cargo do deseñador José Luís Luaces “Xelís Luaces” de Muxía en colaboración con Gelines Pacín para presentar a colección Angelinadas de encaixe e lino, seguido de Emao (Escola de Artes e Oficios de Vigo) coa súa colección Tocado e hundido II e rematando novamente con José Luís Luaces de Muxía en colaboración con Bistra Pisancheva de Bulgaria, presentando a colección ‘Atrapasonhos’ encaixe, vinilo e metal.

O acto de clausura da Xuntanza de Palilleir@s de Mos será ás 19.30 horas.

con

Comentar noticia

Your email address will not be published.