Palmarés Galician Freaky Film Festival

Durante as tres xornadas que durou o GFFF, o público abarrotou a sala Videodrome, sede principal do evento
Publicado por o día 30/10/2018 na sección de Cultura,Galicia,Vigo

Palmarés Galician Freaky Film Festival

Despois de tres xornadas repletas de contido, o Galician Freaky Film Festival puxo fin á súa primeira edición co concerto do grupo “Alféizar”, auténticos embaixadores do cutrelux, e unha festa de clausura onde non pararon de soar os temás máis emblemáticos do frikismo galego.

Non obstante esa era a intención do certame en todo momento: dar boa conta da cultura friki galega cunha boa mostra de curtametraxes que encheron as sesións programadas de vísceras, gore, relatos incríbles, monstros e incluso algúns superheroes, todo aquelo que non falta nin debe faltar nunha boa serie B.

O público asistente puido desfrutar de máís de seis horas do mellor cine friki ao longo de todo o certame e para elo encheron a Sala Videodrome para cada unha das sesións programadas. Ademáis, eles foron os encargados de elexir ós gañadores do certame mediante o método máis estrambótico posible: un aplausómetro que recollía os vítores recibidos por cada curta.

Deste xeito os vencedores da primeira edición foron: Coplillas por Bombay de Jaume Miranda como a mellor curta de humor, 9 Pasos de Marisa Crespo e Moisés Romera como a mellor curta de arrepío e O neno do hórreo de Diego López Curros como a curta máis friki.