Paloma Castro esíxelle á Xunta que reactive a reurbanización de Monteporreiro -Pontevedra- logo de 8 anos paralizada

Publicado por o día 21/01/2021 na sección de Política,PSOE

Paloma Castro esíxelle á Xunta que reactive a reurbanización de Monteporreiro -Pontevedra- logo de 8 anos paralizada

A viceportavoz do Grupo Socialista, Paloma Castro, esixiulle á Xunta que reactive o proxecto de reurbanización do barrio de Monteporreiro, ao noroeste da cidade de Pontevedra, que se remonta a 2009, pero que leva paralizado dende 2013. A responsable socialista visitou hoxe o barrio xunto con Mario Lago, integrante da candidatura do PSdeG as eleccións municipais que no seu día foi referente do movemento veciñal do barrio.

Castro presentou unha serie de iniciativas parlamentarias para reiniciar as actuacións nun dos barrios con menor renda per cápita da cidade no que urxe esta intervención para “mellorar as condicións de vida dos 5.000 veciños e veciñas dunha zona fortemente castigada pola crise”. A responsable socialista puxo o proxecto como exemplo duns Orzamentos da Xunta que son “un déjà vù para Pontevedra, con partidas que levan anos repetindo e que non se executan”.

Explicou que o proxecto, inicialmente proxectado polo goberno presidido polo socialista Emilio Pérez Touriño, foi asumido polo goberno de Feijóo, quen comprometeu un investimento de 10 millóns de euros dos que en realidade só se executou a primeira fase. Explicou que o Executivo do PP destinou 1,5 millóns de euros á primeira fase, que constaba da intervención na rúa Alemaña, pero que rematou en 2013, e dende entón deixou o proxecto esquecido.

Reclamoulle á Xunta que retome o proxecto e invista os 8,5 millóns de euros nas 3 fases que restan do proxecto. Explicou que aínda queda por realizar a 2ª fase, de actuacións na zona entre as vivendas sociais da rúa Alemaña, a 3ª fase, que contempla a intervención na zona libre entre os bloques de vivendas sociais, e a 4ª fase, de actuación na praza central e os espazos libres entre a rúa Bélxica, Reino Unido, Luxemburgo e Alemaña.

Comentar noticia

Your email address will not be published.