Paloma Castro inclúe nas emendas aos Orzamentos da Xunta as demandas de sanidade, educación e infraestruturas de Cerdedo – Cotobade

A viceportavoz do Grupo Socialista, Paloma Castro, vén de manter un encontro telemático cos representantes socialistas do concello de Cerdedo – Cotobade, encabezados pola portavoz municipal, Lina Garrido, para presentar as emendas aos orzamentos da Xunta para reclamar melloras no Concello. As demandas centráronse na mellora dos equipamentos sanitarios, de educación pública e infraestruturas da localidade.

Castro puxo o acento na necesidade das reformas no Centro de Saúde de Carballedo, que pasan pola habilitación urxente dunha sala de espera, así como o acondicionamento das estradas PO-230 e PO-234, así coma na necesidade urxente de limpeza dos ríos da localidade e dun Plan Arqueolóxico para a zona.

O Grupo Socialista reclamou tamén a incorporación da hostalería, pequeno comercio e autónomos de Cerdedo – Cotobade na liña de axudas que debe habilitar o goberno galego para facer fronte ás perdas ocasionadas pola crise da covid, e reivindicou o apoio ás escolas públicas da localidade para afrontar os gastos extraordinarios xerados pola pandemia.

Paloma Castro sinalou a importancia de incorporar esta localidade a un Plan de Fixación de Poboación ao rural galego, que os socialistas veñen de presentar, e un plan de choque de investimento para mellorar a conexión a internet da localidade.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM