Para En Marea o proxecto de lei de Administración Dixital favorece a privatización e afonda na exclusión dixital

Luís Villares: “O actual proxecto contempla un proceso de profundización na privatización da administración pública galega”
Publicado por o día 28/05/2019 na sección de En Marea,Política

Para En Marea o proxecto de lei de Administración Dixital favorece a privatización e afonda na exclusión dixital

En Marea presentou unha emenda á totalidade ao Proxecto de Lei de Administración Dixital de Galicia por motivos que teñen que ver coa forma, pero sobre todo, cos contidos da norma. Para o voceiro de En Marea, Luís Villares, o proxecto de lei ten unha orientación que mingua os servizos de administración á cidadanía. “Xa pasou co papel,  a burocracia non impide que a xente non poda acceder a administración electrónica, por ser complexa, impón uns pasos previos, que tamén  son farragosos, como é o uso do certificado dixital, o que implica ter conexión  de internet, cargando máis as persoas que pola idade non teñen ou non queren aprender a facer trámites coa administración  de forma electrónica”, lembrou.

“Fálase  de colectivos en risco de exclusión dixital pero non se recollen os mecanismos para evitar a exclusión dixital, hoxe non existen tarifas de carácter social accesible para as persoas en exclusión, ou as familias con dificultades económicas”, cuestionou o voceiro de En Marea para quen o proxecto non contempla mecanismo públicos para evitar esta situación e  hoxe é unha quimera a administración dixital para aquela parte da cidadanía que sofre exclusión.”Fálase de xeito recorrente sobre a capacitación dixital das persoas para fomentar a igualdade e a participación  da cidadanía, sen embargo isto non é posible sen que a rede de banda ancha chegue a todos os recunchos do noso pais”, sinalou o voceiro de En Marea.

Ademais, para En Marea unha das consecuencias máis graves deste proxecto de lei é que favorece a privatización, recoñecendo a necesidade de exercer a Xestión indirecta de diversos servizos que teñen a ver coa dixitalización e a administración dixital. “Dende o noso grupo consideramos necesario garantir e blindar o carácter  público desta xestión, fomentando polo tanto a xestión directa deste tipo de servizos relacionados coa administración dixital, evitando que mais información da cidadanía acabe en mans de grupos empresariais que acumulan enorme poder a través da xestión da información privilexiada da cidadanía galega”, denunciou Villares.

Por outra banda, ” a obriga que se recolle en diferentes apartados da lei de deber de uso dos servizos dixitais, que impón esa forma de comunicación coa Administración, non especifica como se vai facilitar o acceso a estes servizos á cidadanía sen mencionar por exemplo, o método se hai unha interrupción do servizo, unha caída da rede, unha fenda de seguridade, unha interrupción momentánea que pode deixar unha solicitude a medias, e o proceso para a súa reanudación, así como as fendas de seguridade e o roubo de datos que se poidan aproveitar para facer un ciberataque e un roubo dos mesmos”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.