Parálise nos polígonos industriais coruñeses con motivo da folga do metal

Mañá mércores, día 5 de xullo, cuarta xornada de folga
Publicado por o día 04/07/2017 na sección de A Coruña,CC.OO,Galicia,Protestas

Parálise nos polígonos industriais coruñeses con motivo da folga do metal

​A folga do sector do metal da provincia da Coruña volveu paralizar os principais polígonos industriais. Malia os avances nas negociacións no día de onte, mañá mércores terá lugar igualmente a cuarta xornada de folga.

O secretario xeral de CCOO-Industria, Víctor Ledo, informa de que a patronal persiste en bloquear nas negociacións cuestións como a subrogación, os abusos das mutuas e as auxiliares de grandes empresas como Navantia.