Paralización cautelar da ampliación da AC-566 en Valdoviño

Sociedade Galega de Historia Natural ven de solicitar á Fiscalía de Medio Ambiente de Galicia que abra dilixencias informativas e ordene a paralización cautelar da ampliación da estrada AC-566. O proxecto afectaría á ZEC Costa Ártabra e unha importante poboación do fento ameazado Woodwardia radicans.

Impactos ambientais do proxecto

Con data 24/02/2020 SGHN advertiu á Consellería de Medio Ambiente sobre os impactos ambientais que tería a modificación da estrada AC-566 proxectada pola Consellería de Infraestruturas. As obras, para incrementar a plataforma e reforzar o firme en 2,11 km, e rectificar curvas e habilitar un carril adicional en 1,86 km, afectarían a:

  • O espazo natural protexido da ZEC Costa Ártabra.
  • Unha importante poboación do fento relicto Woodwardia radicans, situada tanto dentro como fóra dos límites da ZEC Costa Ártabra.
  • Á bacía de alimentación do Humedal de Pantín, unha Lagoa Costeira (hábitat prioritario 1150) e dos cursos fluviais que a alimentan, con representación de bosques de ribeira (hábitat prioritario 91E0).

Woodwardia radicans é unha especie catalogada como “Vulnerable” nos catálogos galego (Decreto 88/2007) e español (RD 139/2011) de especies ameazadas, aí como no Anexo II da Directiva 92/43/CEE. A protección legal de Woodwardia radicans inclúe a todos os seus núcleos poboacionais, tanto dentro do ámbito dos espazos naturais protexidos como fóra destes (Directiva 92/43/CEE, a Lei 42/2007 estatal e a Lei 5/2019 galega).

Silencio por resposta. Denuncia á Fiscalía

Transcorridos cinco meses SGHN non recibiu resposta algunha da Consellería de Medio Ambiente, mentres que novas posteriores na prensa e no portal web da Xunta de Galicia (salientan que a obra xa está licitada e proxéctase comezala no verán. Á vista desta ameaza inminente de danos irreversibles sobre a biodiversidade e un espazo natural protexido, SGHN ven de solicitar a intervención da Fiscalía de Medio Ambiente de Galicia para que abra dilixencias informativas e ordene a paralización cautelar do proxecto de ampliación da estrada AC-566.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM