Aurea relata:
Pasaron 4 anos de loita, de incerteza, de prantos e moitas veces de tocar fondo… Hoxe tócame sorrir… sen esquecer de todos e todas que loitaron para que iso fose posible… recodando dos que xa non están… pero que brillan con luz propia desde arriba… A miña gratitude é enorme facía a esa Gran Familia que é PAH… millóns de grazas por acollernos e facer as nosas vidas máis fácil. Estamos Felices
A PAH tras o seu comunicado de cesamento de actividade comprometeuse a pechar os casos abertos xa que non abandonan aos seus
Un triunfo de toda a PAHVigoTuiBM. A mesma avogada de Aurea quedou asombrada “é que foi a PRESIÓN da pah a cal puxéronse firmes”, nos conta “eu levo anos presentando recursos e non fan caso”. Esta é a forza do labor da pah, Aurea da as grazas a todas as persoas que loitaron para non quedar tirada na rúa, di que a loita aínda que sexa pequena hai que loitar, Aurea di que non hai que botarse abaixo e loitar nunha mesa ou na rua, nas asembleas, nas concentracións diante dos Bancos… todo iso deulle unha lexitimidade social importante e que non ten parangón na nosa cidade.
Desde a PAH veñen a comunicarnos que “a dia de hoxe non se se algún día volveremos a actividade normal da PAHdeVigoTui , pero o noso labor, a de todas aí queda. A nós non nos nomea a prensa subvencionada. Moitos dos actos feitos pola PAH foron silenciados polos medios de comunicación subvencionados con cartos publicos”.
O caso de Aurea e un caso tipico que loitando sen parar conseguense as cousas aínda que vaian lenta, mentres que pola parte do Concello de Vigo fai recortes en cultura en axudas sociais a cada ano que pasa e non fai un parque de vivendas en rexime de aluguer social e para Emerxencia Habitacional habera moitas persoas como Aurea que loitaran polos seus dereitos xa que loitando SISePuede.
Noticias de última hora en Vigo