Paralízase a Vía Verde de Vigo

Publicado por o día 16/01/2020 na sección de Galicia,Vigo

Paralízase a Vía Verde de Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este mércores a paralización da obra da Vía Verde, pola “renuncia” por parte da empresa que resultou adxudicataria dos traballos, e afirmou que o Concello está a tramitar unha nova licitación, para completar os tramos que faltan.

A Vía Verde, unha senda para ciclistas e peóns no tramo que ocupaba a antiga vía do tren entre Chapela e o centro de Vigo, foi adxudicada en febreiro de 2019 á UTE formada por Place Servicios y Obras, e Escavacións y Transportes Manuel Rodríguez, por algo máis dun millón de euros.

En agosto, o propio alcalde e varios dos seus concelleiros inauguraron o primeiro (e único) tramo executado, duns 400 metros, á altura da rúa Mestre Chané.

Con todo, o rexedor confirmou este mércores que a Vía Verde atrasarase porque a empresa adxudicataria, á que asegurou que se pedirán “responsabilidades”, “abandonou” a obra, e o Concello está a tramitar outra licitación. “Temos a partida orzamentaria”, asegurou, á vez que engadiu que esa actuación, cun proxecto “idéntico”, aparecerá no novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

Una respuesta para "Paralízase a Vía Verde de Vigo"

  1. Gamela   16/01/2020 at 11:49

    Eternamente … e o resto do carril bici de Pizarro para o verán de qué ano…?

    https://flic.kr/p/2gTUBpq

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.