O parlamento demanda, a instancia do Grupo Popular, que a comisión mixta Fomento-Xunta estude a supresion da peaxe no tramo Vigo-Redondela da AP-9

O deputado popular Alberto Pazos sinalou que esta proposta, aprobada por unanimidade, incorpora “unha serie de medidas paliativas e correctoras das inxustizas que os veciños de Chapela e Redondela levan anos padecendo”
Por o 20/12/2017 | Sección: Partido Popular,Política
O parlamento demanda, a instancia do Grupo Popular, que a comisión mixta Fomento-Xunta estude a supresion da peaxe no tramo Vigo-Redondela da AP-9

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Comisión Mixta Ministerio de Fomento-Xunta de Galicia para a xestión da AP-9 a que estude posibles fórmulas para a supresión da peaxe na Ponte de Rande no tramo Vigo-Redondela. Ao mesmo tempo, demándase a Fomento que analice a viabilidade da apertura da saída coñecida como Torres de Padín, situada na parroquia de Chapela en Redondela.

O deputado popular Alberto Pazos defendeu esta proposición non de lei e explicou que incorpora “unha serie de medidas paliativas e correctoras das inxustizas que os veciños de Chapela e Redondela levan anos padecendo”.

MALDICIÓN ZURDA

Neste sentido, referiuse á “maldición zurda que lle toca a Chapela cada vez que chega un goberno de esquerda”, lembrando que en 2006 o Goberno bipartito da Xunta acordou co Ministerio de Fomento a eliminación da peaxe para o tramo da AP-9 entre Vigo e O Morrazo, coa única excepción da peaxe de Redondela; ou a aprobación en 2011, 48 horas antes da celebración das eleccións nacionais, do decreto para a ampliación da Ponte de Rande, deixando para despois das eleccións o anuncio da suba da peaxe do 1 por cento ata o remate da concesión.

Alberto Pazos cualificou de “propostas razoables” as aprobadas hoxe no Pleno do Parlamento, que van desde a supresión da peaxe na AP-9 no tramo Vigo-Redondela, en condicións de uso equiparables ao tramo comprendido entre Vigo e O Morrazo; ata a apertura da saída coñecida como Torres de Padín na parroquia de Chapela en Redondela; ou a construción dunha escola infantil nos terreos da Finca da Ginaria.

PANTALLAS ANTIRRUÍDO E SERVIZO DE CORREOS

Así mesmo, a proposición non de lei inclúe a instalación de pantallas antirruído onde sexa necesario de acordo coa normativa vixente no marco das obras de ampliación da capacidade da AP-9 que se están a realizar na entrada a Vigo; a urbanización da Avenida de Redondela (N-552), garantindo as condicións de seguridade viaria, accesibilidade e mellora da mobilidade peonil; e garantir o mantemento ininterrumpido do servizo de correos en Chapela, facilitando o traslado das actuais instalacións a outra localización na parroquia e permitindo a mellora da mobilidade no Camiño da Igrexa.

A iniciativa aprobada hoxe tamén demanda o tratamento do tramo da AP-9 que transcorre por Chapela como tramo urbano; o cumprimento por parte da empresa concesionaria Audasa dos acordos alcanzados co Concello de Redondela e os representantes veciñais en materia de accesos e posta en valor do patrimonio cultural e histórico; e, por último, o acompasamento da apertura do novo carril ao seu paso polo Colexio da Igrexa ao traslado do alumnado ao novo colexio a construír na Finda da Ginaria.

 

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.