O paro en Galicia ten a tendencia contraria que no Estado e aumenta a pesar do descenso de poboación

Publicado por o 04/05/2017
O paro en Galicia ten a tendencia contraria que no Estado e aumenta a pesar do descenso de poboación

En Marea denuncia que os datos publicados este xoves polo Goberno sobre o desemprego en abril e nos primeiros meses do 2017 son “moi preocupantes para Galicia e demoledores para a acción do Goberno“.

“Os datos da EPA son moi negativos. Vemos como baixa a poboación ocupada, a poboación activa e como se incrementan os fogares nos que non entra ningún tipo de renda”, denunciou a deputada e responsable de Emprego de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz.

O deputado de En Marea no Parlamento, Manuel Lago, destaca a situación de Galicia “que presenta os peores datos de todo o Estado”.

“Os datos do paro en Galicia están converxendo porque mentres no resto do Estado o paro descende, en Galicia está aumentando. Esta situción é considerada catastrófica para o país porque o feito de que a pobación descenda en Galicia non incide en que o paro baixe, o que significa que a destrucción de emprego é maior do que recollen as estadísticas”,  denuncia o parlamentar.

Pola súa parte, Díaz insistiu en que estes datos “teñen tamén un impacto de xénero, xa que baixa o número de mulleres que estamos a traballar”.

“Decímoslle ao PP que rectifique nas súas políticas, que deixe de destruír o escaso emprego que temos, e que nos digan aos traballadores e traballadoras deste país que podemos ter futuro”.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.

ANUNCIOS DESTACADOS EN VIGO

crear anuncio

Amura Restaurante

http://www.amuravigo.es

Gran variedad de pescados, carnes, mariscos y pastas en Carral 32

Servicios web

http://www.donwebmaster.com

Dominios, hosting, diseño web, redacción, .. al mejor precio

ARI

http://editorialcirculorojo.com

El libro de Luis Soler con una historia que te sorprenderá