Paros consolidados na cuarta xornada de folga do metal da provincia da Coruña

O persoal dediciu en asemblea ampliar a folga aos días 13, 20 e 27 deste mes de xullo
Publicado por o día 05/07/2017 na sección de A Coruña,CC.OO,Galicia,Protestas,Sindicatos

Paros consolidados na cuarta xornada de folga do metal da provincia da Coruña

CCOO salienta o «éxito» da xornada de folga de hoxe no sector coruñés do metal, cos paros consolidados desde primeiras horas. Igual que nas anteriores xornadas de folga, a actividade está completamente parada nos polígonos industriais. Durante a mañá e o mediodía haberá diferentes actos reivindicativos na Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela.

Ante a negativa das patronais a desbloquearen varios puntos da negociación, especialmente os mecanismos contra os abusos das mutuas e a situación do persoal das industrias auxiliares, as asembleas de traballadoras e traballadores decidiron ampliar a folga aos días 13, 20 e 27 de xullo.


Mobilizacións para hoxe

— A Coruña: ás 11:15 h, acto diante do edificio da Xunta coa convocatoria de folga; a partir das 12 h, manifestación desde a Confederación de Empresarios da Coruña ata a Delegación do Goberno

— Ferrol: manifestación con saída ás 10:30 do estaleiro (participará o persoal de Navantia e sumarase tamén o do transporte) e remate na praza de España

— Santiago de Compostela: manifestación ás 12 h desde a Asociación Empresarial do Tambre ata a Confederación de Empresarios de Galicia (rúa do Vilar)