O parque infantil Marqués de Valterra contará cunha nova estrutura de xogo de oito torretas

O investimento supera os 56.000 euros.

O Concello de Pontevedra iniciou o martes a mellora do parque infantil da praza de Marqués de Valterra, en Estribela, parroquia de Lourizán. Trátase dunha instalación que ten máis de 20 anos de antigüidade, e aínda que viviu diversas reformas e mantementos asiduos, os técnicos municipais estimaron que grande parte dos elementos de xogo xa tiñan esgotada a súa vida útil, e procede cambialos.

Está prevista a instalación dunha estrutura de xogo composta de oito torretas unidas entre si con pontes, tobogáns, trepas, tubaxes… que dará unha nova imaxe ao parque e servirá para atender a nenos de distintas idades.

Ademais, realizarase un mantemento nuns poucos elementos como un muelle rinoceronte, entre outros, que permanecerán no parque.

Tamén se farán traballos de mantemento, como reparación e pintado, do valado ou mellora do chan.

O investimento total é de 56.252,90 euros, dos cales máis de 38.000 euros é a nova estrutura de xogos que se instalará.

Está previsto que as obras rematen este venres.

Noticias de última hora en Vigo

EstribelaParque Infantilparroquia de Lourizánpraza de Marqués de Valterra

SIGUENOS EN TELEGRAM