Participación Cidadá organiza unha semana termal en Monçao para os maiores de Mos

Os interesados en participar xa teñen o prazo de inscrición aberto para facelo
Publicado por o día 04/04/2018 na sección de Galicia,Mos

Participación Cidadá organiza unha semana termal en Monçao para os maiores de Mos

A concellería de Participación Cidadá mosense que dirixe a edil Julia Loureiro organiza unha semana termal  nas Termas de Monçao para os maiores de Mos. A actividade levarase a cabo do 16 ao 20 de abril.

Sobre a iniciativa a concelleira Loureiro explicou que “para as persoas maiores temos como finalidade que, aqueles que teñen menos posibilidades de ocio, por falta de iniciativa propia ou por falta da posibilidade de organización/disposición, se lles facilite a través deste servizo a alternativa  de viaxar con xente do seu entorno, coñecer novos lugares, novas culturas…”.

Este tipo de saídas fortalece os lazos entre os veciños e veciñas fomentando á súa vez a autonomía persoal, as habilidades de socialización e o aprendizaxe, entendéndoo este como aspecto imprescindible a desenvolver ó longo da vida. Preténdese ofertar á poboación de persoas maiores a posibilidade de coñecer os recursos non so culturais, senón tamén naturais cos que contamos en municipios próximos ó noso Concello.

Para participar nesta actividade hai que anotarse no departamento de Participación Cidadá (Edificio Multiusos) ou no Rexistro do Concello, facéndoo de maneira presencial para asinar a solicitude, sendo imprescindible o cumprimento dos requisitos. O custe final da actividade para as persoas participantes é de 167 euros. O Concello subvenciona as visitas culturais,   rutas e excursións que se desenvolverán neses días. O prazo de inscrición rematará o vindeiro venres 6 abril.

A publicación da lista de admitidos e admitidas realizarase o 9 abril.

O aloxamento da semana termal nas Termas de Monçao será no Hotel Bienestar. A viaxe inclúe acceso ás termas, comidas, e visitas culturais ao Palacio de Brejoeira, ao Museo do Alvarinho con Degustación e visita á Casa Museu (centro da vila) e á Peneda.