Partido da copa Galicia feminino este domingo no pavillón A Marisma

Por o 20/09/2018 | Sección: Baloncesto,Galicia,Redondela
Partido da copa Galicia feminino este domingo no pavillón A Marisma

“Redondela como xa sucedera na tempada anterior volve a ser testigo dun encontro de nivel de baloncesto femenino pertencente á Copa Galicia entre Celta Zorka e AD Cortegada. O escenario será o Pavillón Municipal A Marisma este domingo ás 19:30.

Grazas ao bo traballo e aumento de licenzas do Club Baloncesto Redondela, e como vila que respira deporte polos catro costados, vólvese a elexir Redondela como lugar idóneo para este encontro.

Fase Previa

A XXXII edición da Copa iníciase da man dos catro equipos galegos de Liga Feminina 2, que competirán en liga a unha volta e co seguinte calendario:

Grupo LF2 1. A.D. Cortegada 2. R.C. Celta Zorka 3. Maristas Coruña 4. C.B. Arxil

1ª Xornada

(15/09/18) A.D. CORTEGADA – MARISTAS CORUÑA (19.30 h. Pav. Fontecarmoa 1) (78 – 55)

(14/09/18) R.C. CELTA ZORKA – C.B. ARXIL (21.00 h. Pav. Navia) (85 – 55)

2ª Xornada

(19/09/08) A.D. CORTEGADA – C.B. ARXIL (21.00 h. Fontecarmoa)

(18/09/08) MARISTAS CORUÑA – R.C CELTA ZORKA (18.00 h. Colexio Maristas)

3ª Xornada

(23/09/2018) R.C. CELTA ZORKA – A.D. CORTEGADA (19.30 h. A Marisma – Redondela)

(22/09/18) C.B. ARXIL – MARISTAS CORUÑA (20.00 h. Estadio Juventud)

Fase Final Unha vez coñecidos os dous primeiros clasificados desta previa, celebrarase a quenda final da Copa na que xa agardan, directamente como semifinalistas, os nosos dous representantes na Liga Dia: BAXI Ferrol e Durán Maquinaria Ensino.

Con sede e datas concretas ainda por determinar, esta Fase Final determinará os seguintes enfrontamentos:

Semifinal

BAXI FERROL – 2º CLASIFICADO GRUPO LF’2 (X)

DURAN MAQUINARIA ENSINO – 1º CLASIFICADO GRUPO LF’2 (Y)

Final

GAÑADOR X – GAÑADOR Y (FINAL)

Comentar noticia

Your email address will not be published.