Pasa a noite das perseidas coa Orquesta Clásica de Vigo

Por o 05/08/2019 | Sección: Galicia,Vigo
Pasa a noite das perseidas coa Orquesta Clásica de Vigo
Compartir en:

sábado 10 de agosto, á posta de sol, a Orquesta Clásica de Vigo ofrecerá a segunda edición da Noite das Perseidas, un concerto moi especial que levará á música sinfónica a un espazo singular da nosa cidade.

Seguen a celebrar o 35 aniversario e, aproveitando a noite das Perseidas, a Orquesta Clásica de Vigo subirá un ano máis ao Monte do Castro, un lugar pouco iluminado no centro xeográfico da cidade, para interpretar pola noite a máis que coñecida obra de Edvard Grieg; “Peer Gynt”.

O concerto comezará xusto á posta de sol e veremos como cambia a iluminación deste espazo tan singular da cidade cunha orquestra que contará coa iluminación tenue das lámpadas nos atrís.

Este concerto repite o formato da primeira edición realizada en 2018, ano no que interpretamos a suite “Os Planetas”, de Gustav Holst. Do mesmo xeito que ocurriu hai un ano, trátase dunha oportunidade única para compartir obra clásica nun marco inédito, no que ademáis contaremos coa posta de sol como parte da posta en escea do concerto, polo que presumiblemente terá gran aceptación entre o público.

Queremos que a xente goce da música dun xeito accesible e atractivo para poder consolidar públicos e xerar dinámicas sociais en torno á música sinfónica.

Este proxecto súmase á programación anual da Orquesta Clásica de Vigo, que neste ano 2019 celebra o seu 35 aniversario, para ofrecer unha imaxe de continuidade tanto no traballo sinfónico da nosa entidade como para a oferta musical á cidade de Vigo.

Noite das perseidas 2019

PEER GYNT, de Edvard Grieg
(Suites 1 e 2)

Cando: 10 de agosto ás 21:45
Onde: Monte do Castro, na esplanada das áncoras
Entrada: Libre e de balde
Organiza: Concello de Vigo e Orquesta Clásica de Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.