Pasado, presente e futuro, nos equipamentos do RC Celta para a campaña 2020/2021

Publicado por o día 29/07/2020 na sección de 1ª división,Celta,Deportes,Fútbol

Pasado, presente e futuro, nos equipamentos do RC Celta para a campaña 2020/2021

Pasado, presente e futuro conflúen nas imaxes que mostran as novas equipacións do RC Celta para a tempada 2020/2021. O primeiro equipamento está inspirado no que o equipo utilizou nos anos 80, fácilmente recoñecible para os celtistas veteráns e deseñado para que agrade tanto a aqueles como aos máis novos. O seu deseño mostra un claro guiño ao pasado cunha acertada actualización para que poida navegar con éxito cara ao presente.

Trátase dunha camiseta técnica en poliéster lixeiramente brillante do cal un 40% é PES reciclado de acordo coa estratexia do club e adidas de coidar o medio ambiente e facer a peza máis sosteñible. É un produto premium con tecnoloxía aeroready para que o deportista renda ao máximo a pesar da calor ou da suor.

A segunda mira un pouco máis atrás, cara aos anos 70. É un azul mariño que tamén vive aínda na memoria de moitos afeccionados. Como a primeira, é unha camiseta técnica en poliéster cun tacto piqué e acabado diferente para aportar un aire máis retro á equipación, que tamén incorpora a tecnoloxía aeroready. Loce un azul escuro cun deseño en degradado de bandas máis escuras que lle aportan textura ao deseño.

Ambas evocan a afouteza, o espírito indomable daquel Celta que nos ofreceu importantes xestas e deixou xogadores con gran peso na historia do club.

E o futuro aparece nos ‘modelos’: Miguel Rodríguez e Gabri Veiga como representantes do RC Celta Xuvenil que disputará por primeira vez na historia a UEFA Youth League.

As novas equipacións xa están á venda tanto nas tendas de A Sede e Balaídos como na tenda online: shop.rccelta.es

Fotos das equipacións

Comentar noticia

Your email address will not be published.