Paula Prado critica que o Goberno central “aproveite os cartos dos galegos para maquillar o seu déficit e atender os seus gastos extraordinarios”

A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, criticou hoxe que a negativa do Goberno de Pedro Sánchez a pagar a débeda de 370 millóns de euros que ten con Galicia responde a que “aproveita os cartos de todos os galegos para maquillar o seu déficit, pagar favores a outras comunidades afíns que lle renden pleitesía ou para atender os seus gastos extraordinarios”. “Gustaríanos saber que pensan os socialistas galegos deste roubo, porque sería unha traizón a Galicia que apoiaran esta decisión que pon os intereses do PSOE por enriba dos intereses e necesidades dos galegos”, apuntou.
Publicado por o día 22/01/2020 na sección de Partido Popular,Política

Paula Prado critica que o Goberno central “aproveite os cartos dos galegos para maquillar o seu déficit e atender os seus gastos extraordinarios”

Paula Prado cualificou de “intolerable que o Goberno de Pedro Sánchez se negue a devolver aos galegos os 370 millóns que nos debe, especialmente os 200 millóns do IVE de 2017 que a ministra persoalmente xa se comprometeu a pagalos na entrevista que mantivo co Presidente da Xunta en agosto de 2018”. “É un goberno mentireiro e falso, empeñado en boicotear ao Goberno galego, comezando porque non se cumpran os compromisos que temos cos galegos para despois criticar que non se cobren as necesidades que demandan os galegos”.

A viceportavoz popular demandou aos socialistas galegos, especialmente ao seu secretario xeral, o señor Gonzalo Caballero, “que se pronuncien sobre este roubo a Galicia”, porque considerou “unha traizón que apoiaran esta decisión de non pagar a débeda de 370 millóns”.

TODOS OS MECANISMOS PARA RECLAMAR

Así mesmo, criticou tanto a Podemos como ao BNG, “que tanto están a vanagloriarse do seu acordo para apoiar o Goberno de Pedro Sánchez, pero que en ningún caso puxeron por diante o pago desta débeda con Galicia que cubriría moitas necesidades e servizos públicos”. “Se tanta influencia teñen no novo Goberno socialista e comunista deberían ser os primeiros en pedir o pago desta débeda e poñerse do lado do Goberno galego na defensa dos intereses de Galicia e non os seus intereses partidistas”.

Prado respaldou que o Goberno galego “poña en marcha todos os mecanismos que sexan precisos para reclamar esta débeda” e incidiu na necesidade de que o Goberno de España convoque o Consello Xeral de Política Fiscal e Financeira, “que hai máis de ano e medio que non se reúne e que se se tivera convocado no ano 2019 puido debater alí esta devolución”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.