O pavillón de Bouzas encherase coa Festa Infantil, “o máis importante evento local de kárate”, di o edil Manel Fernández

O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, presentou hoxe a trixésima edición da Festa Infantil do Kárate, organizada pola Agrupación Deportiva Zanshin e apoiada polo Concello, que se vai celebrar este sábado (17:00 horas) no pavillón de Bouzas con entrada gratuíta.
📣 Publicado por el 05/05/2017 en la sección de Concello de Vigo - Vigo

O pavillón de Bouzas encherase coa Festa Infantil, “o máis importante evento local de kárate”, di o edil Manel Fernández

O polideportivo municipal vaise encher un ano máis coa competicións mixtas de defensa persoal, nas que participarán 220 nenos e nenas de 4 a 18 anos do programa municipal de escolas deportivas –xestionado polo Zanshin– e doutras entidades da cidade: os clubs Shotokan, Okinawa e Travesas e os colexios Compañía de María, Mariano e San Salvador de Teis.

Dende cinturón branco a cinturón negro, a competición vai amosar o mellor kárate vigués. Ademáis, un cento de alumnos e alumnas de kárate do Zanshin fará exhibicións de tai chi, kárate ou armas orientais…

“Este é o evento máis importante do kárate local”, sostivo o edil de Deportes, Manel Fernández. Que estivo acompañado polo presidente del Zanshin, Fernando Álvarez.