Pazo de Vilane lanza unha iniciativa de Responsabilidade Social Empresarial para premiar ás mulleres emprendedoras

Con motivo do Día da Muller Emprendedora, Pazo de Vilane lanza unha iniciativa de Responsabilidade Social Empresarial coa que quere apoiar e premiar o emprendemento feminino, así como recoñecer aquelas iniciativas emprendedoras que estean lideradas por mulleres.
Publicado por o día 04/11/2019 na sección de Alimentación

Pazo de Vilane lanza unha iniciativa de Responsabilidade Social Empresarial para premiar ás mulleres emprendedoras

Pazo de Vilane, empresa pioneira na produción de ovo campero, con motivo do Día Internacional da Muller Emprendedora, que cada ano celébrase o 19 de novembro, lanza unha iniciativa de Responsabilidade Social Empresarial coa que quere premiar o emprendemento feminino, así como recoñecer aquelas iniciativas emprendedoras que estean lideradas por mulleres.
 
Desde hoxe, 4 de novembro e ata o 29 de novembro, aquelas mulleres que estean a desenvolver ou teñan intención de desenvolver un proxecto de emprendemento poderán presentar os seus proxectos a Pazo de Vilane.
 
A iniciativa desenvólvese a través da plataforma Easypromos onde as participantes deberán encher un formulario cos seus datos persoais e o máis relevante do seu proxecto.
 
De entre todas as candidaturas, Pazo de Vilane seleccionará tres gañadoras.
 
O fallo do xurado comunicarase ás gañadoras o próximo 7 de xaneiro de 2020.
 
As mulleres emprendedoras cuxos proxectos sexan elixidos por Pazo de Vilane beneficiaranse dun programa de mentoring de seis meses, que se iniciará en abril de 2020 e terminará en novembro do mesmo ano. O programa valorado en 4.000 € será impartido por Piedade Varela-Portas, avogada, empresaria, formada en técnica de desenvolvemento persoal e cofundadora de Pazo de Vilane.
 
Ademais, as gañadoras gozarán os días 27, 28 e 29 de marzo de 2020 dunha estancia paga na Comarca da Ulloa (Lugo) onde recibirán unha xornada de traballo para coñecer a experiencia empresarial de Pazo de Vilane da man das súas socias Nuria Varela-Portas, xerente e Piedade Varela-Portas, directora de Marketing, Comunicación e RSE.
 
Piedade Varela-Portas declarou: “o apoio ao emprendemento é un dos principios reitores da Responsabilidade Social Empresarial de Pazo de Vilane que xa desenvolvemos a través da iniciativa “Emprender desde a Raíz”. Nesta ocasión puxemos o foco nas mulleres emprendedoras con motivo do seu día internacional. Esperamos que está proposta teña boa acollida e animamos á participación de moitas mulleres”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.