PCG e XC publican comunicado en solidariedade co abogado Gustavo García

Publicado por o día 08/11/2013 na sección de Vigo

PCG e XC publican comunicado en solidariedade co abogado Gustavo García

gus   Ante o ataque fascista perpetrado  contra o  despacho do avogado vigués Gustavo García, dende o Partido Comunista de Galicia e a Xuventude Comunista queren amosar toda a sua solidariedade co afectado. Non é casual que o ataque se fixera contra unha persoa que ocupa a secretaría da Fundación Galega contra a Impunidade, unha das entidades que promoven a querela en Arxentina para investigar e xulgar os crimes do franquismo.

   Neste momento de aguda crise capitalista o fascismo é una ferramenta máis do capital. No Estado español están aumentar as agresións e as actividades das organización nazi-fascistas, pero en países veciños coma Grecia xa están fortemente implantados. É por iso que  desde o Partido Comunista de Galicia e as Xunventudes Comunistas fan un chamamento ao pobo galego para que rexeite este tipo de agresións, se organice e mobilice contra o fascismo e o sistema podre que o alimenta.