O PCG solidarizase cos estibadores, contra o bombardeo de falsedades

Publicado por o 19/05/2017
O PCG solidarizase cos estibadores, contra o bombardeo de falsedades

Non se está dilucidando no sector da estiba un problema de rendibilidade que obrigue a un ERE ou proceso de despidos por falta de maree de beneficio empresarial ou por quebra. Todo o contrario, hai beneficios empresais.

É falso que a lexislación Europea obrigue a liberalizar o sector. A proba témola en AENA. O que a senteza do Tribunal Europeo ditaminou é que a actual lexislación discrimina a empresas foráneas. É falso polo tanto que si os estibadores van á folga na defensa dos seus dereitos sexan culpables dos engorros económicos ocasionados.

O que motiva este conflicto é a decisión de liberalizar o sector, acordada polo goberno do PP, co apoio agora tamén de Ciudadanos e dos nacionalistas cataláns e vascos, coa única finalidade de favorecer a unhas empresas multinacionais moi poderosas que ansían facerse con esta parte de negocio.

Multinacionais que acostuman dar sustanciosas prebendas aos políticos que as serven, e queren facer este atropello sen garantir os postos de traballo que desempeñan os estibadores actuais. Co Real Decreto recentemente aprobado no Congreso pretenden desprazar en tres anos a todo o persoal estibador hacia ETTs, coma se fosen varredura. Mesmo coa lexislación europea, o sector da estiba pode perfectamente ser un monopolio público, rendible para ben do país e dos trabajadores e traballadoras. Pero goberna en España a corrupción.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.

ANUNCIOS DESTACADOS EN VIGO

crear anuncio

Amura Restaurante

http://www.amuravigo.es

Gran variedad de pescados, carnes, mariscos y pastas en Carral 32

Servicios web

http://www.donwebmaster.com

Dominios, hosting, diseño web, redacción, .. al mejor precio

ARI

http://editorialcirculorojo.com

El libro de Luis Soler con una historia que te sorprenderá