Pechado ao tráfico o ramal de saída a Cangas do Corredor do Morrazo por motivos de seguridade tras producirse desprendementos no punto quilométrico 11+100

Realizarase unha análise xeotécnica do noiro e adoptaranse as medidas necesarias para garantir a súa estabilidade
Publicado por o día 31/01/2019 na sección de Cangas,Galicia

Pechado ao tráfico o ramal de saída a Cangas do Corredor do Morrazo por motivos de seguridade tras producirse desprendementos no punto quilométrico 11+100

O ramal de saída a Cangas do corredor do Morrazo (CG-4.1) atópase pechado ao tráfico por motivos de seguridade tras producirse a pasada madrugada desprendementos no punto quilométrico 11+100.

Os técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas traballan xa na retirada dos restos desprendidos da calzada e posteriormente realizarase unha análise xeotécnica do noiro e adoptaranse as medidas necesarias para garantir a súa estabilidade antes de reabrilo ao tráfico.

Trátase dunha zona non afectada polas obras de conversión en autovía do corredor do Morrazo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.