PEMEX compra por 5 millóns o 51% de Barreras e en Febreiro comezará a construción dun atunero

Publicado por o día 16/12/2013 na sección de Naval,Vigo

PEMEX compra por 5 millóns o 51% de Barreras e en Febreiro comezará a construción dun atunero

 Dous anos despois do discurso do presidente da Xunta que prometía que en dous meses cortariamos chapa nos estaleiros, PEMEX, por sorte ou por desgracia, só o tempo dirao, entra a formar parte do accionarado de Barreras coa adquisición dun 51% das accións, facéndose cargo deste modo dun estaleiro co seu equipo afectado por un en ERE e con todas as subcontratas xa quebradas ou traballando fóra do país ante tantos meses de inactividade.

    Coa chegada de PEMEX, os cales non podían atracar cos brazos baleiros en Vigo, anúnciase carga de traballo a partir de Febreiro cando se empezará a construír un atunero que podería dar sobre 18 meses de emprego, un gran alivio a un sector naval desmantelado pola ineficacia do goberno socialista de Zapatero e popular de Mariano Rajoy, que mentres en Francia con similares problemas de financiamento solucionaban o famoso Tax Lease en semanas, aquí aínda a día de hoxe continuamos case nestas con estaleiros que puideron ter carga de traballo e a falta de avais e financiamento os votou abaixo. Cabe recordar que Astilleros Vulcano non espera carga de traballo dos mexicanos e leva preto de 3 anos de total inactividade, con rumores no horizonte de peche que afectaría a mais de 300 persoas de equipo e máis de 2.000 traballadores que no seu día ocupaban o estaleiro, a día de hoxe sen ningún tipo de axuda.

  Ademais do atunero confirmado por PEMEX, espérase construir 3 novos barcos tanque, uns buques onde se almacena o peixe co fin de que os atuneros poidan descargar as súas adegas e seguir faenando. A chegada destes mais que posibles tres buques tanque do que se ha firmado un memorándum, prolongaría dous anos mais a carga de traballo no estaleiro. Ao atunero e os tres barcos tanque sumaríase un quinto barco abastecedor.

  Respeto a Ferrolterra a cousa non pinta nada ben, xa que dende PEMEX non confirmaron que a construción do flotel prometido por máis dun político en campaña electoral remate en Navantia.

Noticia editada o 16/12 as 16:55 horas