Perde a vida o condutor dun quad despois de chocar contra un escaparate na Illa de Arousa

Publicado por o día 09/08/2020 na sección de Galicia,Vilagarcia,Xunta de Galicia

Perde a vida o condutor dun quad despois de chocar contra un escaparate na Illa de Arousa

Un rapaz perdeu a vida na madrugada de hoxe despois de saírse da vía co quad no que circulaba e chocar contra un escaparate á altura do número 58 da Rúa Castelao, no termo municipal pontevedrés da Illa de Arousa.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia polos equipos de intervención que acudiron ao lugar dos feitos, a causa do impacto, o condutor sufriu múltiples lesións. De feito, varios particulares contactaron co 112 Galicia para solicitar asistencia médica urxente para o ferido ás catro horas desta madrugada.

De inmediato, os xestores do 112 puxeron a situación en coñecemento dos  profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que, ao chegar no punto onde se produzo o sinistro, tan só puideron confirmar o falecemento do condutor.

Cómpre sinalar que desde o Centro Integral de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitouse tamén a intervención dos Bombeiros do Salnés, dos axentes da Garda Civil de Tráfico e dos membros de Protección Civil de Cambados.

Atropelo en Navia de Suarna

Ademais, os servizos de emerxencia tiveron que intervir nas primeiras horas da mañá de hoxe para atender a un peón que foi alcanzado por un vehículo na estrada que une as localidades de Murias de Rao e Panosarco, no concello lucense de Navia de Suarna.

Debido á gravidade das lesións, os servizos sanitarios de urxencia mobilizaron ata o punto ao helicóptero medicalizado con base en Ourense para atender ao ferido.

Para prestar apoio ao equipo médico e coordinar as labores de aterraxe da aeronave, desde o 112 Galicia puxéronse os feitos en coñecemento dos membros do GES de Becerreá e dos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Colisión entre dous turismos en Sanxenxo

Por outra banda, cinco persoas resultaron feridas de diversa consideración a causa dunha colisión entre dous vehículos na EP-9208, ao seu paso pola localidade das Pontes, en Sanxenxo.

O 112 Galicia tivo constancia do accidente á medianoite de hoxe a través da chamada de alerta dun dos ocupantes dos turismos implicados. No seu relato, indicaba que as persoas estaban liberadas e accesibles aínda que necesitaban asistencia sanitaria.

Así, desde o 112 pediuse a colaboración dos servizos médicos de urxencia, dos Bombeiros do Salnés e dos efectivos do GES de Sanxenxo. Ademais, para garantir as condicións de seguridade na vía, tamén avisouse aos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local.

Comentar noticia

Your email address will not be published.