Perde a vida tras incendiarse o vehículo no que viaxaba despois de saírse da vía en Arteixo

Por o 12/04/2019 | Sección: Sucesos
Perde a vida tras incendiarse o vehículo no que viaxaba despois de saírse da vía en Arteixo

Un home de avanzada idade faleceu a pasada tarde despois de saírse da vía co vehículo que conducía ao seu paso polo lugar da Telleira, en Arteixo.

Segundo a información recibida polos xestores do 112 Galicia ao redor das 19:30 horas de onte, o turismo comezou a arder despois de sufrir unha saída de vía nunha pequena curva da estrada que une Telleira e Xantalla.

Os servizos sanitarios de urxencia tras ser alertados do suceso, de inmediato, solicitaron ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, a intervención dos  Bombeiros de Arteixo. Así mesmo, desde o 112, solicitouse a colaboración da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e dos voluntarios de Protección Civil de Arteixo.

Unha vez sufocadas as lapas, os servizos de emerxencia desprazados no punto confirmaron o falecemento do único ocupante do turismo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.