Perde a vida un ciclista en Bergondo despois de ser atropelado por un camión

Publicado por o día 06/02/2020 na sección de Sucesos

Perde a vida un ciclista en Bergondo despois de ser atropelado por un camión

Un ciclista faleceu esta tarde tras ser alcanzado por un camión na estrada que enlaza a localidade de Bergondo co encoro de Cecebre.

O seu compañeiro contactou co 112 Galicia para pedir asistencia médica urxente, pero os servizos sanitarios nada puideron facer para salvarlle a vida.

Ambos circulaban pola parroquia de Guísamo, cando, á altura do Lugar de San Paio, un camión para o transporte de penso atropelou a un dos ciclistas, que faleceu practicamente no momento, asegurou o compañeiro. De feito, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que acudiron ao lugar do accidente só puideron confirmar a súa morte.

Neste operativo activado ás 15:30 horas de hoxe participaron tamén os axentes da Garda Civil de Tráfico, Policía Local e Bombeiros de Betanzos, aínda que a vítima atopábase totalmente liberada e accesible.