A organización da VIII edición da Golfmania informa da súa celebración o vindeiro 17 de maio en Pereiras, con posibilidade de participar todos aqueles posuidores das 7 series que saíron ao mercado do mítico modelo Volkswagen Golf.
Os interesados en obter máis información sobre este evento poden chamar ao teléfono 617370715.
O propio 17 de maio de 09.00 horas a 10.30 horas realizarase a confirmación de inscricións. E ás 10.30 horas procederase á saída da ruta desde Pereiras dirección Zamáns, Vincios, Camos, Coruxo, Vao, Canido, Nigrán, Baiona (parada sorpresa), A Guarda e rematarase en O Rosal no restaurante Casa Juan celebrando unha comida de confraternidade.
Pola tarde farase unha escapada cara a unha localización cunhas vistas dignas de admirar e volverase ao punto de partida.
O prezo de inscrición é de 2 euros e o da comida de 18 euros.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.