Perfectos desconocidos no Teatro Afundación Vigo

A adaptación teatral dirixida por Daniel Guzmán, baseada na famosa película de Paolo Genovese, chega o xoves 14 de novembro ás 20.30 h ao Teatro Afundación Vigo
Publicado por o día 06/11/2019 na sección de Formación,Galicia,Vigo

Perfectos desconocidos no Teatro Afundación Vigo

O Teatro Afundación Vigo acollerá o vindeiro xoves 14 de novembro, ás 20.30 h, a representación teatral de Perfectos desconocidos, baixo a dirección de Daniel Guzmán e coa actuación de Antonio Pagudo, Inge Martín, Elena Ballesteros, Fernando Soto, Jaime Zataraín, Ismael Fritschi e Olivia Molina. As entradas pódense adquirir na web Ataquilla.com.

Un grupo de amigos de toda a vida quedan coma unha fin de semana calquera para cear, mais o que non saben é que vai pasar algo moi incómodo ao longo do encontro… Un deles, ao comezar a cea, propón un divertido xogo que o resto acepta: compartir todas as chamadas e mensaxes de móbil que lles vaian entrando a cada un deles durante o tempo que dure a velada. Ao primeiro todo son risas, o xogo resulta ser moi divertido e esmendréllanse á risa, mais a medida que vai avanzando a noite as cousas complícanse. As risas van desaparecendo e o que antes era unha comedia, vai collendo puntos dramáticos. Van saíndo á luz secretos de cada un deles que xamais imaxinarían…

Esta obra orixinal do director de cinema italiano Paolo Genovese renova e fortalece o seu guión con esta nova versión teatral adaptada por David Serrano e dirixida por Daniel Guzmán. O fondo da peza busca facer unha crítica aberta ao uso e abuso das novas tecnoloxías en liña.