Permanece controlado o incendio do concello lugués de Quiroga

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 9,00 h de hoxe
Publicado por o día 29/07/2020 na sección de Medio Ambiente,Sucesos

Permanece controlado o incendio do concello lugués de Quiroga

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 9,00 h. de hoxe.

Quiroga

Permanece controlado desde as 18,50 h. de onte o incendio do concello lugués de Quiroga, parroquia da Enciñeira, que se orixinou ás 2,47 h. da pasada madrugada. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional de 25 hectáreas, das cales 10 son arboradas e 15 de monte raso. Para a súa extinción lévanse mobilizado 3 axentes, 16 brigadas, 5 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 3 avións.

Monterrei

Tamén segue controlado desde as 11,52 h. de onte o lume do concello ourensán de Monterrei, parroquia de Flariz, que se iniciara o pasado venres. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 720 hectáreas. Delas, 450 son forestais (400 rasas e 50 arboradas) e as restantes 270 ha son agrícolas. Para a extinción deste incendio lévanse mobilizado 4 técnicos, 33 axentes, 83 brigadas, 35 motobombas, 2 pas, 9 helicópteros e 12 avións, así como efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Manzaneda

Extinguido ás 21,46 h. de onte o incendio rexistrado no concello ourensán de Manzaneda, parroquia de Paradela, que se orixinou ás 23,05 h. do luns. Segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de 23,45 hectáreas. Na súa extinción participaron 1 técnico, 5 axentes, 15 brigadas, 6 motobombas, 1 pa e 2 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Comentar noticia

Your email address will not be published.