Persoa excarcerada na estrada do Vao, en Coruxo

Publicado por o día 14/02/2020 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Persoa excarcerada na estrada do Vao, en Coruxo

Unha saída de vía dun coche no que viaxaban catro persoas saldouse cunha delas excarcerada. Foron os bombeiros da cidade os que interviñeron para liberar á persoa, ao fío das 2:50 horas.

Nese momento, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 alertaba ao 112 Galicia dun accidente na estrada do Vao, en Coruxo.

Nada máis ter constancia do sinistro, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento dos Bombeiros de Vigo e da Policía Local.