O persoal de Fandicosta convoca tres días de folga en febreiro

CCOO denuncia despedimentos «inxustificados» nos últimos meses e precariedade laboral
Por o 13/02/2018 | Sección: CC.OO,Protestas,Sindicatos
O persoal de Fandicosta convoca tres días de folga en febreiro

As traballadoras e traballadores de Fandicosta irán á folga. Deste xeito, protestarán contra os «inxustificados» despedimentos —dezasete nos últimos meses— e contra a precariedade laboral. Así o decidiron nunha asemblea que tivo lugar na sede de CCOO en Vigo.

Como se indicou, ademais da falta de estabilidade laboral tamén preocupa a precariedade: nestes momentos, o 70 % do persoal está contratado a través de empresas de traballo temporal. A isto súmanse ritmos de traballo «inhumanos», salarios «de miseria», condicións laborais «inadecuadas» e un ambiente «nocivo» —son constantes os malos modos e berros por parte de mandos intermedios.

As xornadas de folga serán os días 21, 23 e 26 de febreiro. A partir desta última data, a convocatoria será indefinida.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.