O persoal de limpeza do Clínico mobilízase en demanda da readmisión dunha traballadora

O comité denuncia que a nova adxudicataria incumpre os acordos que lle permitiron gañar a contrata
Publicado por o día 29/12/2017 na sección de CIG,Sanidad,Sindicatos

O persoal de limpeza do Clínico mobilízase en demanda da readmisión dunha traballadora

O persoal do servizo de limpeza do Hospital Clínico acordou en asemblea iniciar mobilizacións polo incumprimento dos acordos e do propio convenio colectivo por parte da nova adxudicaria, Grupo norte, co coñecemento e consentimento da Xerencia do CHUS. A primeira concentración tivo lugar a primeira hora de hoxe e xa anunciaron que continuarán nas próximas semanas de non se reincorporar á traballadora despedida.