Persoas usuarias da asociación Adapta visitan as illas Cíes por vez primeira

Un total de 17 persoas embarcarán o mércores, ás 11 horas dende Vigo, co fin de pasar unha xornada de exploración polas illas.
Publicado por o día 17/07/2018 na sección de Galicia,Vigo

Persoas usuarias da asociación Adapta visitan as illas Cíes por vez primeira

A Asociación de Persoas con Discapacidade das Comarcas do Condado e Paradanta (Adapta) realizan unha excursión polas illas Cíes mañá mércores, 18 de xullo, con saída dende Vigo ás 11 horas.

Esta actividade, encadrada dentro do programa de Lecer que ten en marcha esta entidade que forma parte de COGAMI, conta cun programa de visita por zonas accesibles, xa que son 5 as persoas que utilizan cadeira de rodas para desprazarse, como as praias e o mosteiro. A experiencia contará con explicacións didácticas sobre a flora e a fauna que habitan as illas e que lles achegará un guía do parque natural das Illas Atlánticas.

O grupo compartirá un xantar e logo volverán no barco que parte ás 18 horas con destino a Vigo.

Outra actividade de lecer que está preparando ADAPTA para o goce das súas persoas usuarias será este venres, 20 de xullo. Realizarán un paseo dende Salvaterra de Miño ata Portugal a bordo do tren turístico e visitarán o museo do Albariño en Moncao e as Covas de Dona Urraca en Salvaterra de Miño.

Una respuesta para "Persoas usuarias da asociación Adapta visitan as illas Cíes por vez primeira"