- – A Marea de Vigo presentou hoxe o escrito de personación como acusación popular na “Operación Patos” peranto o Xulgado de Instricción Nº7 de Vigo
Ante a imposibilidade de, pola via democrática, coñecer o contido da investigación no tocante a documentación sobre contratos con empresas de servizos que no seu día a UDYCO incautou do Concello de Vigo e as bases das imputacións de cinco ediles desta corporación municipal, a Marea de Vigo acude os xulgados como acusación popular.
Marea de Vigo, tal e como anunciou no seu día en rolda de prensa, presentou hoxe no Xulgado o escrito de personación como acusación popular, asistida polo letrado Alberto Varela-Grandal Conde, ante a negativa do pleno do Concello do pasado 27 de xullo á apertura dunha comisión especial de investigación.
Marea de Vigo considera fundamental o coñecemento sobre que contratos, con que empresas, que importes económicos e mesmo que responsabilidades políticas poderían estar inmersas nos feitos que investigan os Xulgados vigueses.
PRENSA MAREA DE VIGO
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.