Perturba e dá positivo en alcoholemia na confluencia das rúas Areal con República Arxentina

Publicado por o día 08/01/2020 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Perturba e dá positivo en alcoholemia na confluencia das rúas Areal con República Arxentina

Este suceso tivo lugar o pasado domingo ás 02:15 horas da madrugada.

Unha patrulla da Policía Local de Vigo atopábase na confluencia das rúas Areal con República Arxentina.

Os axentes observaron á condutora dun turismo acceder ao cruzamento, desde a segunda rúa, acelerando de forma brusca , facendo renxer as rodas do seu vehículo sen causa xustificada por cuestións do tráfico, ao ser o tráfico inexistente.

En consecuencia os actuantes interceptárona e procederon a entrevistarse coa apuntada A. L. P, de Vigo e 28 anos de idade, comprobando que presentaba claros síntomas de atoparse baixo os efectos do consumo de bebidas alcohólicas.

Por este motivo procederon a realizarlle as preceptivas probas de determinación do grao de impregnación alcohólica, arroxando estas un resultado positivo de 0,89 e 0,87 mg/ l de alcol por aire expirado, o que excede o límite penal establecido.

Por este motivo instruíronse dilixencias para o efecto, para o seu traslado á autoridade xudicial competente.