Pesar no xornalismo galego polo falecemento de Arturo Lezcano

Publicado por o día 18/01/2019 na sección de Cultura

Pesar no xornalismo galego polo falecemento de Arturo Lezcano

O entorno do xornalismo galego recibiu onte con tristura a nova do falecemento na Coruña do xornalista Arturo Lezcano Fernández. O Colexio de Xornalistas súmase a dor da profesión e traslada as súas condolencias á familia e achegados.

Nado en Ourense en 1939, Arturo Lezcano publicou os seus primeiros xa aos 16 anos, e comezou a súa carreira profesional en La Región. Posteriormente trasladaríase a Ferrol, onde foi redactor xefe e logo director de Ferrol Diario e nos anos 80 pasou a La Voz de Galicia, onde exerceu os cargos de redactor xefe de varias seccións e primeiro defensor do lector do diario. Xubilado en 2003, seguía colaborando en prensa con artigos de opinión. Foi Premio de Xornalimo de Galicia en 1987 e Premio Julio Camba en 1991.