Pesar polo pasamento do ex xefe de Bombeiros, Francisco Lage

Publicado por o día 21/09/2018 na sección de Galicia,Pontevedra

Pesar polo pasamento do ex xefe de Bombeiros, Francisco Lage

O Concello de Pontevedra quere transmitir a súa dor e pésame á familia, amigos e achegados polo falecemento de Francisco Lage, antigo xefe de bombeiros da cidade. O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, destacou que Francisco Lage era un profesional implicado no desenvolvemento do seu traballo. Viviu unha época moi especial, ao respecto da súa responsabilidade no Concello, xa que a el lle correspondeu a profesionalización do servizo municipal, que cumpriu con recoñecido éxito.

Destacou que co seu pasamento marcha “un excelente traballador e mellor persoa”.