Petelos celebra as Festas na Honra á Virxe do Rosario

Terán lugar a vindeira fin de semana, dende o venres 29 de xuño ata o sábado 1 de xullo
Por o 27/06/2018 | Sección: Eventos,Galicia,Mos
Petelos celebra as Festas na Honra á Virxe do Rosario

A parroquia de Petelos acolle esta fin de semana as Festas na Honra á Virxe do Rosario 2018, que darán comezo o venres 29 de xuño e prolongaranse ata o domingo 1 de xullo.

O venres os actos comezarán cos concertos dos grupos Argonat Band e Patinamá a partir das 23.00 horas. O sábado 30 de xuño, a gran verbena correrá a cargo de Carpe Diem e a Orquestra Trébol.

O domingo pola mañá ás 10.30 horas o Grupo de Gaitas Xógara fará un pasarrúas e, tras a Misa Solemne que se oficiará ás 12.30 horas, acompañará á procesión. Pola tarde a partir das 19.00 horas a animación musical infantil irá da man de Las Pamisuky e pola noite actuarán o Grupo M-3 e a Orquestra Alabama Show.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.