Petición ás súas Maxestades

Queridos Reis Magos!

Como ben sabedes este ano que deixamos atrás, o 2020, foi un ano especialmente duro por culpa do Covid, e como sabemos de antemán que teredes moito traballo esta noite, non queremos deixar de pedirvos algo que para nós é moi importante. Vós queridos Reis Magos seguides sempre a todos e xa sabedes que fomos moi traballadoras neste ano tan difícil que pasou, fixemos diversas concentracións e manifestacións con todos os nosos compañeiros a pesar de que a situación non era fácil, aí estivemos pedíndolle á nosa Xerencia dotación de medios imprescindibles para protexernos e poder así traballar dignamente, ofrecendo todo o mellor de nós mesmos como sanitarios. Non recibimos nin boas palabras, nin moitos resultados, por iso hoxe nesta noite máxica queremos facérvolo chegar e pedímosvos por favor que teñades moi en conta a nosa petición:

Queremos unha nova directora asistencial, que nos trate con respecto e entenda que as nosas queixas e peticións son sempre para mellorar a nosa sanidade pública, nunca son para amolar nin a ela nin a ninguén. Tamén queremos que os nosos hospitais dótense de equipos completos de protección fronte ao covid, para poder protexernos e para poder protexer, isto estaría composto de máscaras FP2 e FP3 abundantes e suficientes para o persoal, para que puidesen utilizalas sempre que fose precisas e non con medo a que non haberá outra de reposto nunha semana. Neste equipo necesitaranse lentes de protección e traxes para todos aqueles compañeiros que o precisan e que traballan en primeira liña como son os de URG, PACs, UCI…etc, para non ter que quitalos con medo e gardalos cada día para o día seguinte, así durante unha semana, como mínimo nalgúns casos.

Pedímosvos tamén equipos humanos suficientes para que se poida levar a cabo a vacinación e poder así erradicar o Covid, que nos está facendo tanto dano. Medios humanos para reforzar aos nosos compañeirxs nos diferentes servizos que tantas veces vense desbordados e non poden prestar a calidade asistencial que lles gustaría.

Como ben sabedes queridos Reis Magos agora temos unha nova directora de RRHH na cal depositamos toda a nosa confianza para que nos escoite, atenda e resolva todas aquelas peticións que lle faremos persoalmente e que non son nada complicadas de resolver.

Pedímosvos tamén moita saúde para tódxlxs traballadorxs da sanidade pública que son e serán sempre un gran motor e exemplo para toda a cidadanía. Os que demostraron que, a pesar de que o SERGAS non o puxo nada fácil (non dotou de medios materiais, nin humanos no seu debido tempo, xs traballadorxs sufrimos reproches e nalgunha ocasión ameazas por reclamar medios de protección adecuados) nunca lles faltaron nin nos faltaron os sorrisos, os bos modais e as ganas de traballar. Unímonos máis que nunca nunha piña para facer fronte a este ano tan difícil que deixamos atrás, esperando que o que nos queda por chegar sexa moito mellor que o vivido.

Grazas queridas MAXESTADES DE ORIENTE e do SERGAS, por lernos, esperamos se fagan realidade os nosos soños que son os de todxs xs nosxs compañeirxs e traiádesnos todas as peticións, que como podedes ver non son moitas pero son imprescindibles.

Enviámosvos un gran e cordial saúdo dxs compañeirxs de Prosagap Pontevedra e O Salnés e deixámosvos un calendario nos nosos zuecos para vostedes as súas maxestades de oriente.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM