Pide axuda a través do 112 tras quedar atrapado entre un coche e un muro en Meis

Publicado por o día 01/10/2019 na sección de Sucesos

Pide axuda a través do 112 tras quedar atrapado entre un coche e un muro en Meis

Unha persoa pide axuda a través do 112 Galicia tras quedar atrapada entre un coche e un muro en Meis.

Ocorreu ás 13:30 horas de hoxe nun garaxe do lugar de Fofán, a onde tiveron que acudir os Bombeiros de Ribadumia para liberar á persoa.

Foi o propio afectado quen chamou ao número de emerxencias ante a imposibilidade de quitar a perna que lle quedou atrapada entre o coche e un muro. Segundo explicou, o vehículo foise por un desnivel e atrapouno contra unha parede dento da súa finca.

Ademais dos equipos de rescate do parque de Ribadumia, desde o 112 Galicia, pediuse a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Comentar noticia

Your email address will not be published.