Piden a dimisión da conselleira de Política Social pola súa “nefasta xestión do persoal” e a negar a recuperación dos dereitos

Oitavo xoves consecutivo de mobilizacións nos centros de atención directa

Un xoves máis, e xa van oito, traballadoras e traballadores dos centros de atención directa da Consellaría de Política Social mobilizáronse para esixir a recuperación dos dereitos recortados en 2012, a dignificación do seu labor e na defensa duns servizos sociais de calidade. Dende as organizacións sindicais CIG, CCOO, CSIF e UGT, ademais, fíxose un acto de protesta na entrada do edificio administrativo de San Caetano para esixir a dimisión da conselleira Fabiola García, pola súa pésima política de xestión do persoal.

Noticias de última hora en Vigo

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (0)
Publicar comentario