Piden a Sanidade de Aragón que non peche Psiquiatría do Hospital Xeral da Defensa de Zaragoza

A asociación tivo coñecemento, a través da súa delegación territorial na comunidade autónoma aragonesa, do anuncio de clausura desta área, que provocará, previsiblemente, un prexuízo nos usuarios.
Publicado por o día 27/01/2019 na sección de FACUA,Social

Piden a Sanidade de Aragón que non peche Psiquiatría do Hospital Xeral da Defensa de Zaragoza

FACUA-Consumidores en Acción solicitou á Consellería de Sanidade de Aragón que non clausure a unidade de Psiquiatría do Hospital Xeral da Defensa de Zaragoza para evitar posibles colapsos que poidan incidir negativamente na saúde dos pacientes.
 
A asociación soubo pola súa delegación terrritorial na comunidade autónoma aragonesa do anuncio do peche desta unidade de Psiquiatría, que provocaría, previsiblemente, un prexuízo nos usuarios.
 
Segun recollen algúns medios, este anuncio produciuse a pesar da oposición de determinados profesionais sanitarios do sector. Ademais, algúns consideran que a clausura desta área sanitaria non pode ser substituída pola apertura da nova unidade de Psiquiatría do Hospital Universitario Miguel Servet, xa que coas 30 camas da nova unidade pódense “volver xerar situacións de colapso en urxencias”.
 
FACUA sinala que estes profesionais están a solicitar a creación dunha Dirección Xeral de Saúde Mental no Gobierno de Aragón que dea solucións e organice prioridades nesta área de saúde mental para mellorar a atención con enfermidades psiquiátricas.
 
A asociación lembra á Consellería de Saúde aragonesa que a Lei 33/2011, do 4 de outubro, Xeneral de Saúde Pública, no seu artigo 3, apartado b, expón que a Administración Pública está suxeita ao “principio de saúde en todas as políticas”, polo que “as actuacións de saúde pública terán en conta as políticas de carácter non sanitario que inflúen na saúde da poboación, promovendo as que favorezan as contornas saudables e disuadindo, no seu caso daquelas que supoñan riscos para a saúde” e o benestar da cidadanía.
 
Así mesmo, FACUA indica que o artigo 15 desta mesma lei establece que as Administracións teñen a obrigación de “favorecer a existencia de infraestruturas adecuadas para as actividades de saúde pública, que comprenden os laboratorios e demais instalacións e recursos físicos (empregados públicos) e virtuais dos servizos de saúde pública, que cubran as necesidades específicas en materia de saúde pública e aseguren a calidade dos servizos”.
 
A asociación reclama á consellería de Pilar Ventura que realice todas as actuacións necesarias para dotar de camas e medios suficientes para unha atención e tratamento óptimo aos pacientes con enfermidades psiquiátricas en Zaragoza.