Piden ao concello o seu apoio para blindar as pensións

Representantes da Mesa Estatal Pro-Referendo das Pensións (MERP) concentráronse hoxe fronte ao concello de Vigo , ao mesmo tempo que diferentes organizacións da plataforma fixérono noutras cidades de toda España.
Publicado por o día 15/12/2016 na sección de Protestas,Vigo

Piden ao concello o seu apoio para blindar as pensións

A MERP está formada por 170 organizacións que se uniron para reclamar a blindaxe constitucional das pensións pulicas. Así presentaron no concello un escrito solicitando o apoio dos grupos municipais para que se presente unha moción neste senso e poida ser debatido nun Pleno Municipal.

Membros da MERP reuníronse con representantes de Mareas, esperando poder reunirse en breve con concelleiros de PSOE e PP. Segundo Carlos Vázquez representante da MERP en Vigo “a recepción e o trato foi excelente, e puidemos explicar aos grupos a razón pola que defendemos esta reforma da Constitución para que se prohiba explícitamente a privatización das pensións e a degradación da súa poder adquisitivo”. Segundo Carlos Vázquez “confiamos en que se presente a moción e salga adiante, xa que é algo que nos une a todos os demócrata, si se aprobou no artigo 135 da Constitución para o pago da débeda aos acreedores, como non se vai a facer coas pensións”

Os representantes da MERP consideran que este é un tema de “máximo interese para o municipalismo, que está pegado ás condicións de vida máis inmediatas dos veciños”. Carlos Vázquez insistiu que aínda que os concellos non teñan competencias poden pedir ao Goberno e ao Congreso dos Deputados que se pronuncie sobre esta cuestión.

A plataforma, que conta co apoio de 100 personalidades e profesionais, considera que “ningunha cuestión técnica ou de alternativa de xestión pode estar por riba da blindaxe das pensións”, creen que “cada vez vai haber maior consenso en torno á necesidade de apartar ás pensións públicas das correlaciones de forzas políticas e o debate de proxectos”, porque son “a columna vertebral do Estado social e un eixe de solidariedade intergeneracional e interterritorial que sostén a moitas familias”.