Piden concreción á xerencia sobre o futuro do centro de saúde de Navia

Publicado por o día 24/01/2017 na sección de CC.OO,Sanidad,Sindicatos,Vigo

Piden concreción á xerencia sobre o futuro do centro de saúde de Navia

O sindicato Comisións Obreiras ven a pedir maior claridade e concreción ao xerente Felix Rubial sobre o futuro do centro de saúde de Navia, o cal lle piden si de verdade como di vai abrir o centro polas tardes neste ano e con mais profesionais, a demanda deste sindicato e que traslade aos profesionais do centro de saúde a información que fai pública nos medios de comunicación e que do mesmo xeito informe aos veciños do entorno deste centro de saúde: Pau de Navia, Navia, San Andrés de Comesaña, Alcabre, Bouzas.

Tamén lle piden a Felix Rubial que negocie cos representantes dos traballadores o número de efectivos en tódalas categorías e non só en persoal facultativo. CCOO entende que o incremento debe ser dun mínimo de 4 médicos de familia, 2 pediatras, 6 enfermeiras. Do mesmo xeito debe incrementarse a plantilla en fisioterapeutas, p.s.x, etc.

CCOO pídelle total transparencia

Non é certo que sexa un centro para 10.000 veciños, xa que só unha rúa, a Teixugueiras ten 9.100 veciños.

O sindicato lle lembra ao xerente que no día da inauguración deste centro o 7 de maio do 2012… na propaganda afirmaban que estaba diseñado para 45.000 pacientes con 28 médicos de familia e 6 pediatras, e que serviría para achegar servizos á población e para desconxestionar outros centros de saúde.

Desde o sindicato mandanlle un recado ao Sr. Rubial decindo que cumpra hoxe co prometido cando vostede era director de asistencia sanitaria.