As deputadas galegas de Cs piden explicacións ao Goberno polo bloqueo dos fondos a Galicia

Beatriz Pino e María Vilas rexistran unha pregunta parlamentaria para saber os motivos polos que a nosa comunidade non recibiu a actualización da entregas a conta correspondentes a este exercicio.
Publicado por o día 11/09/2019 na sección de Ciudadanos,Política

As deputadas galegas de Cs piden explicacións ao Goberno polo bloqueo dos fondos a Galicia
As deputados galegas de Cidadáns, Beatriz Pino e María Vilas, rexistraron unha pregunta no Congreso dos Deputados para que o Goberno central dea explicacións sobre o bloqueo na entrega da actualización dos anticipos a conta na comunidade galega.
 
Beatriz Pino asegurou que, “a pesar de que a lexislación é clara e ampara este dereito”, Galicia a día de hoxe “non recibiu a actualización das entregas a conta correspondente a este exercicio”, o que “está a obrigar ao Executivo autonómico a ter que facer recortes e a postergar os investimentos para poder cadrar as contas públicas. O Goberno ten que explicar por que mente e non entrega o financiamento que debe ás CCAA”.
 
María Vilas destacou que hai que sumar o feito de que “son as comunidades autónomas e os concellos os que se fan cargo da gran maioría de servizos públicos”, como sanidade, educación e servizos sociais, polo que “a situación na que se están vendo inmersas é insustentable”.
 
Cidadáns solicitou información ao Goberno sobre cando se vai a liberar o financiamento pendente para Galicia” e sobre “se é consciente ou non de que con estes atrasos están a afogar financeiramente á comunidade autónoma, e por tanto, á prestación dos servizos públicos esenciais”, finalizou Pino.