Piden o cese do xerente da aréa sanitaria de Vigo Felix Rubial

A executiva de sanidade de Vigo de CCOO pide o cese do xerente Felix Rubial
Publicado por o día 25/12/2016 na sección de CC.OO,Sanidad,Sindicatos,Vigo

Piden o cese do xerente da aréa sanitaria de Vigo Felix Rubial

A federación de sanidade da comarca de Vigo de CCOO, ante a ampliación da imputación do actual xerente do CHUVI, Felix Rubial acordada pola Audiencia Provincial de A Coruña resolvendo un recurso da fiscalía, coida necesario que sexa cesado do seu posto de forma inmediata. Unha persoa imputada por homicidio non pode seguir no seu posto ata que todo esté esclarecido.

A nova imputación engádese a da investigación por prevaricación ao atrasar a administración dos fármacos “por razóns orzamentarias” dos tratamentos contra a hepatite C a seis pacientes.

CCOO, solídarízase unha vez  mais cos afectados e familiares e felicita a plataforma de afectados pola súa constancia na loita polos dereitos dos doentes