Os movementos de terras das obras dos campos de fútbol do Celta no Monte de Pereiras provocaron un aluvión de lodos que penetraron nos pozos de captación de auga que estan ladera abaixo no Monte de Tameiga. A única medida que tomaron para impedir as escorrentias de barro foi facer unhas pequenas montonoreas de terra movida no perimetro da zona máis baixa das obras, unhas pequenas montoneras a todas luces insuficientes para contener a auga das chuvias xusto na época máis chuviosa do ano. De feito estas montoneras son tan cativas e inconsistentes que resultan contraproducentes xa que se converten en balsas de lodo que cando se desmorona a terra pola presión da auga acumulada os lodos baixan en aluvión con moita máis forza.
Sacan uns análises das Traídas de Pereiras cando saben perfectamente que os pozos aos que nos referimos están en Tameiga e non son dunha Traída de Pereiras
Dicen que é imposible que esos pozos é imposible que se contaminen porque están a cincocentos metros pero si se houberan molestado en inspeccionalos verían os regueros de lodo que baixan dende a zona de obras ata os pozos das captacións. E ante as evidencias acaban excusándose conque só foi un pouco de terra non unha contaminación infecciosa.
O que está claro é que esos pozos que decían que nunca ían ser afectados, o están sendo as primeiras de cambio cunhas obras minúsculas en proporción coas que desenvolverían para facer un Macro Centro Comercial.
O que ocurriú estos días non foi nada dramático, nin sequera tiveron que pechar os pozos. Así o dixemos nos mesmos e a propósito non mencionamos o nome da Traída afectada para non crear unha alarma de momento inxustificada.
Pero que pasará cando chova de verdade se xa houbo problemas con só tres días de chuvia?
Que pasará cando nas obras comecen a utilizar cementos ou calquer producto tóxico?
Que pasará cando para coidar os campos utilicen abonos, herbicidas, plaguícidas ou calquera outro produto químico nocivo?
Por todo isto pedímoslle a Sra Arévalo que poña por unha vez o benestar da veciñanza por diante dos seus intereses partidistas e paralice estas obras ata que se tomen as medidas necesarias para garantir que non se van a contaminar os mananciais das Traídas.


Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.